Benvida

O Congreso Internacional de AECIT 2022, pretende darlle continuidade a un evento científico consolidado e de gran relevancia que facilita cada dous anos o encontro de académicos e investigadores, responsables da planificación e xestión pública, e empresarios do turismo. En concreto, coa súa celebración danse os seguintes obxectivos:

  • Crear un foro de encontro de profesionais e investigadores nacionais e internacionais interesados nas temáticas turísticas, que permita establecer sinerxía entre o mundo académico científico, os responsables de xestión pública e o sector empresarial.

  • Facilitar a actualización de coñecementos sobre aspectos de planificación e xestión turística.

  • Coñecer diferentes modelos de xestión e explotación dos recursos turísticos.

  • Propiciar o encontro e a colaboración entre o sector científico académico e o mundo empresarial.

  • Fortalecer os contactos entre institucións e equipos de investigación interesados en elaborar informes e desenvolver proxectos para a mellora da competitividade turística.

  • Por en valor o potencial científico, económico, patrimonial e turístico da cidade e a provincia de Ourense como referente internacional en materia turística, especialmente en termalismo, establecendo sinerxía con institucións clave na nosa provincia.

  • Estimular vínculos con terceiros países en materia de investigación turística, de modo especial con países da contorna europea e iberoamericana. 

 

Ademais, e seu carácter multidisciplinar convérteo nun foro acomodado para establecer sinerxía e liñas de actuación conxunta entre a Universidad, o tecido empresarial, económico, social e cultural de Galicia e as Administracións Públicas, coa potencialidade de xerar un forte impacto socioeconómico na Comunidade Autónoma de Galicia. En definitiva, a misión do Congreso Internacional de AECIT é a de ser o dinamizador dunha rede multidisciplinar e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia do coñecemento.

Por elo, dende o Comité Organizador desta XXII edición, queremos por un lado animarvos a participar neste evento e coñecer a cidade de Ourense, así como darvos as grazas por ter confiado en nós como anfitrións desta edición.

A data actual consideramos este acontecemento de gran interese para a Universidade de Vigo, e en especial para a cidade de Ourense, por tratarse dun acontecemento científico no que se porán expor e intercambiar ideas e investigacións de diversos campos e ámbitos do turismo. Pomos así de manifesto o elevado valor que para a nosa universidade representa o encabezar este ano a organización e celebración de dito evento.

Poderedes atopar toda a información do congreso nesta mesma páxina web, ademais de poder seguirnos e contactar con nós a través das nosas redes sociais.

Esperamos que o 6, 7 e 8 de outubro de 2022 pasen xa a formar parte das vosas axendas e por suposto, vémonos en Ourense. 

Comité organizador XXII Congreso Internacional de AECIT

Comité Organizador

Comité Científico

Comité de Honra

As súas Maxestades Os Reis.

Reyes Maroto. Ministra de Industria, Comercio e Turismo. 

Alfonso Rueda Valenzuela. Presidente da Xunta de Galicia.

Manuel Joaquín Reigosa Roger. Reitor da Universidade de Vigo.

José Manuel Baltar Blanco. Presidente da Deputación Provincial de Ourense.

Gonzalo Pérez Jácome. Alcalde do Concello de Ourense.

Enrique Martínez Marín. Presidente de SEGITTUR.

Cesáreo González Pardal. Presidente do Cluster de Turismo de Galicia.

Felio José Bauzá Martorell. Presidente de AECIT.

Datas Clave

Sede do congreso

  • Facultade de C.C. Empresariais e Turismo

  • Campus Universitario As Lagoas s/n
    32004, Ourense, Galicia (Spain)

Entidades Colaboradoras

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google